Ferramentas de usuario

Ferramentas do sitio


gl:a_corunha:economia_e_goberno:orzamentos_municipais_pospetroleo
Translations of this page:

A Coruña pospetróleo: Orzamentos municipais pospetróleo

Descrición

Revisar os orzamentos e o nivel de endebedamento á luz dun contexto permanente de declive da actividade económica actual (medida polo PIB). A reformulación das contas públicas debería facerse baixo parámetros netamente diferentes ás receitas actuais promovidas desde a Unión Europea ou o Fondo Monetario Internacional que, conforme á doutrina neoliberal, non fan máis que afondar nas contradicións que trouxeron de forma acelerada á situación de crise actual.

Nun contexto de reestruturación económica xeral tamén debe haber un cambio revolucionario no modo de entender as contas públicas en materia de ingresos como de gastos.

Sen menoscabo dos servizos públicos gratuítos fundamentais, cuxo dereito debería permanecer inalienábel, debería camiñarse cara unha reconfiguración máis descentralizada, máis autónoma, fronte ao xigantismo de estruturas administrativas onde a burocracia e o dirixismo centralizador absorbe unha parte crecente dos recursos públicos e que deberían utilizarse en favor dunha extensión da gratuidade dos mesmos.

Estado

Comentarios

En positivo

  • :-) Axudará a un aforro global dos gastos municipais.
  • :-) Contribuirá a unha meirande independencia financeira tanto respecto doutros organismos do Estado como das entidades de crédito privadas.

En negativo

  • :-( Evitará entrar nunha espiral de endebedamento sen saída.

Referencias (bibliografía, etc.).

Arquivos anexos.

gl/a_corunha/economia_e_goberno/orzamentos_municipais_pospetroleo.txt · Última modificación: 2014/09/18 13:39 por touda

Municipios pospetroleo